DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 29 de xullo de 2025 Páx. 41959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de xullo de 2025 pola que se notifica o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-19-25-15 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles as persoas denunciadas cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, os acordos de inicio dos procedementos administrativos sancionadores por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste acordo, para formular alegacións e, de ser o caso, propoñer proba ante o instrutor. Concretarán os medios de que se pretendan valer e citarán o número de expediente.

Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de resolucións.

Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolveranse os procedementos coa imposición da sanción que proceda.

Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria. O pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso na vía administrativa.

Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de 10 días, contado desde a publicación do presente acordo, para identificarse, no caso de que non fosen vostedes os/as condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, e indicarán o seu nome, apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita notificación por algunha causa que lles sexa imputable e, igualmente, cando se oculte información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente.

Matrícula

Denunciante.

DNI

denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12 19-25-15

Gardapeiraos

71856518X

Pesca prohibida

18.5.2025; 16.30 horas

Malpica (A Coruña)

Art. 131.v) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-38-25-16

1907-KSF

Garda civil

78804573H

Estacionamento prohibido

30.5.2025; 12.45 horas

Muros (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-38-25-21

9290-GWT

Pafif

76447046Z

Estacionamento prohibido

19.6.2025; 12.10 horas

Muros (A Coruña)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-20-25-52

8479-JXS

Gardapeiraos

78737084B

Estacionamento prohibido

28.3.2025; 10.21 horas

Cangas (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-25-65

0788-MCV

Pafif

46771870J

Estacionamento prohibido

30.5.2025; 11.50 horas

Panxón (Pontevedra)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €

Sanc. 14 01-25-02

Garda civil

35625064L

Pesca prohibida

4.6.2025; 22.45 horas

Ribadeo (Lugo)

Art. 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Art. 137 da LPG

90 €