Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.
Denominación: desmantelamento LMTA MUR811 (Bora 11) CTI Curva do Couto 36ACM3 e instalación dun apoio.
Situación: Pontevedra e Cerdedo-Cotobade.
Características técnicas:
– Substitución do apoio A5URQ8Q1//D30-1 da liña de media tensión aérea (LMTA) MUR811 (Bora 11) por un apoio C-4500/14. Retensado do van contiguo ao apoio proxectado (65 metros de condutor LA-110).
– Desmantelamento do centro de transformación intemperie (CTI) Curva do Couto 36ACM3.
– Desmantelamento da liña de media tensión aérea (LMTA) de alimentación ao CTI Curva do Couto 36ACM3, cun total de 472 metros de condutor LA-110 e LAC-80, así como 9 apoios.
– Desmantelamento da liña de media tensión subterránea (LMTS) de alimentación ao CTI Curva do Couto 36ACM3, cun total de 163 metros de condutor RHZ1.
A instalación está situada na parroquia de Bora, concello de Pontevedra, e na parroquia de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade.
A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.
O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria:
(https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).
Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.
Pontevedra, 8 de xullo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente: IN407A 2025/093-4.
Denominación: desmantelamento LMTA MUR811 (Bora 11) CTI Curva do Couto 36ACM3 e instalación dun apoio.
Concellos: Pontevedra e Cerdedo-Cotobade.
|
Nº |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Apoio |
|
|
nº |
m2 |
|||||
|
1 |
(Barcia) Lg. As Pontes-Bora |
Rústico. Agrario. Prados ou praderías |
36900A169000300000PA |
María Jesús Fernández Cortegoso |
1 |
2,00 |
