DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 30 de xullo de 2025 Páx. 42030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2025/127-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: recuamento LAT 66 kV DC Vilalonga-Sanxenxo-Cambados (blindaxe SET Vilalonga).

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas:

Liña de alta tensión subterránea (LAT) a 66 kV dobre circuíto (DC), de 1.065 metros de lonxitude cada circuíto, coa orixe no novo apoio 3N/64N paso aéreo subterráneo da LAT DC Vilalonga-Sanxenxo/Vilalonga-Cambados e final na subestación Vilalonga.

A instalación está situada en Vilalonga, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria:

(https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 8 de xullo de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2025/127-4.

Denominación: recuamento LAT 66 kV DC Vilalonga-Sanxenxo-Cambados (blindaxe SET Vilalonga).

Concello: Sanxenxo.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

canalización subt.

m2

ml sub.

m2 sub.

1

Lg. O Empalme-Vilalonga

Urbana

4192902NH1949S0001PL

Antonio Álvarez Blanco

3N/64N PAS

27,0

9,0

29,0