DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 30 de xullo de 2025 Páx. 42035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, de convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Quiroga (expediente IN407A 2024/126-2).

Para cumprir o disposto no artigo 44 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a convocatoria de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación que se sinala no cadro anexo.

Lugo, 14 de xullo de 2025

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente IN407A 2024/126-2.

Denominación: regulamentación LMTA RUA806 en tramo entre os apoios 34-44-30-15-21 e 34-44-30-15-21-5 (Quiroga).

Concello

Data

Titular proposto

Predio

Hora

Quiroga

2.10.2025

Descoñecido

2

10.00