Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a persoa interesada no acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA POT806 substitución dos apoios 73-10 e 73-11, no concello de Muxía (expediente IN407A 2022/349-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado por si mesma ou representada por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 15 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/349-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA POT806 substitución dos apoios 73-10 e 73-11.
Concello: Muxía.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
2 |
Campo Corvos |
Polígono: 40 Parcela: 200 |
Descoñecida |
17.10.2025 |
12.15 |
