Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócase a persoa interesada no acto de levantamento das actas previas á ocupación do ben e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de telecontrol na LMT POT803 apoio 9N40WSAR//123-B25-2, no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2024/61-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado por si mesma ou representada por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 15 de xullo de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/61-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Instalación de telecontrol na LMT POT803 apoio 9N40WSAR//123-B25-2.
Concello: Santa Comba.
|
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data |
Hora |
|
1 |
Rego Salgueiro |
15078A510014870000PE |
Elena Tomé Alvite |
16.10.2025 |
12.15 |
