Na sesión que tivo lugar o 22 de xullo de 2025, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 25 de marzo de 2025 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, acordou, de conformidade coa base II.2.2, que o segundo exercicio do proceso selectivo se realice os días 16 e 17 de setembro de 2025, cos chamamentos que a seguir se recollen.
Consonte o previsto na base II.2.2 da resolución de convocatoria do proceso selectivo, convócanse para a realización do segundo exercicio, nos días sinalados a seguir, ás 16.15 horas, na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, as seguintes persoas aspirantes:
16 de setembro de 2025
Idioma italiano
|
Martínez Castro, Nerea |
***0400** |
Idioma inglés
|
Mato Martínez, Andrea |
***8339** |
|
Mexuto Bautista, Nuria |
***8241** |
|
Núñez Fernández, Xián |
***0255** |
17 de setembro de 2025
Idioma inglés
|
Pérez de los Santos, Alba María |
***1411** |
|
Souto Baña, Fátima |
***0973** |
|
González Bran, Fátima |
***5458** |
Idioma italiano
|
Vázquez Rodríguez, Adrián |
***5277** |
As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas do DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.
O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025
Beatriz Allegue Requeijo
Presidenta do tribunal
