Na sesión que tivo lugar o 21 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro), modificada pola Resolución do 5 de febreiro de 2025 (DOG núm. 25, do 6 de febreiro) e pola Resolución do 14 de febreiro de 2025 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro), da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade educador/a social,
ACORDOU:
Primeiro. Desestimar, tras a correspondente revisión, as alegacións ás puntuacións do segundo exercicio, recibidas no prazo estipulado na base II.1.2.8 da convocatoria, en que se establece que se concede un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de vinte e cinco (25) puntos.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2025
Laura Fuentes López
Presidenta do tribunal
