En virtude da Resolución do 1 de abril de 2025 (DOG núm. 66, do 4 de abril) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024 (DOG núm. 182, do 20 de setembro).
Segundo a base I.2.2.6 da convocatoria, non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria, polo que
DISPOÑO:
Excluír as seguintes persoas da relación definitiva de aspirantes admitidos ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, como consecuencia da Resolución do 18 de xuño de 2025 (DOG núm. 118, do 23 de xuño) pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira:
|
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Motivo da exclusión |
|
***2706** |
Álvarez Vázquez, Amalia |
Libre |
44 |
|
***3199** |
Basteiro Álvarez, Nuria |
Libre |
44 |
|
***8779** |
Díaz Seco, Laura |
Libre |
44 |
|
***1797** |
López Fernández, David |
Libre |
44 |
|
***9248** |
Seijo Vázquez, Ignacio Tomás |
Libre |
44 |
|
44 |
Xa pertence ao corpo, escala ou categoría a que se presenta |
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
