DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2025, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición da modificación dos estatutos do S.N. de CC.OO. de Galicia no depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.

Núm. de depósito Deose: 82000006.

Feitos:

Con data do 24 de xuño de 2025 tivo entrada nesta unidade a solicitude de inscrición no depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais a modificación dos estatutos do S.N. de CC.OO. de Galicia, logo da súa aprobación no 13º Congreso do S.N. de CC.OO. de Galicia, que tivo lugar en Santiago de Compostela os días 15 e 16 de maio de 2025.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, a dirección, a coordinación, o control e a execución das competencias da Comunidade Autónoma en materia de relacións laborais, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, promoción do emprego de calidade e, en concreto, o exercicio de funcións en materia de lexislación laboral e en prevención de riscos laborais, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Regcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceiro. O artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, regula o procedemento de tramitación das solicitudes de depósito e establece que a oficina pública competente ditará resolución que acorde o depósito e a publicidade do acto de inscrición, na cal constará a data de depósito e o número de depósito asignado.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, esta Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de oficina pública competente,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a inscrición da modificación dos estatutos do S.N. de CC.OO. de Galicia no depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.

As persoas interesadas poden acceder ao contido desta inscrición na web do depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais:

https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución poderá ser impugnada directamente ante os órganos xurisdicionais da orde social, segundo o indicado no artigo 15 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e de acordo co previsto nos artigos 167 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais