DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 31 de xullo de 2025 Páx. 42206

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Tesouraría.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 114, do 17 de xuño de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 4 de xuño de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– Provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a do Servizo de Tesouraría Xeral do Concello da Coruña.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de xullo de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica