O Xurado de Expropiación de Galicia ditou acordo que fixa o prezo xusto do predio no expediente 2024001477 e vinte e tres máis.
Intentada a notificación dos acordos por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo e, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación dos acordos que fixan o prezo xusto de predios ditados nos procedementos ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican están á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia situadas na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao de vencemento do prazo.
Contra estes acordos, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
|
Proxecto |
Persoas que se notifican |
Data do acto que se notifica |
Nº de |
Predio |
|
01895-Conversión en autovía do corredor Morrazo CG-4.1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas. subt. III p.q. 7,300 a 11,150. Clave: PO/12/070.01.3. |
35272221L |
27.3.2025 |
2024001477 |
34 |
|
01895-Conversión en autovía do corredor Morrazo CG-4.1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas. subt. III p.q. 7,300 a 11,150. Clave: PO/12/070.01.3. |
78732160D |
27.3.2025 |
2024001484 |
173 |
|
01895-Conversión en autovía do corredor Morrazo CG-4.1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas. subt. III p.q. 7,300 a 11,150. Clave: PO/12/070.01.3. |
29292161M |
27.3.2025 |
2024001577 |
23 |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
35515102C |
27.3.2025 |
2024000895 |
4112, 4459, 4922, 5529, 5872, 6122, 6699 |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
34514319J |
27.3.2025 |
2024001010 |
4011 e 18 máis |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
35515102C |
27.3.2025 |
2024001197 |
6189, 6195, 6377 |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
34873132A |
27.3.2025 |
2024001300 |
4334, 4341, 4458 |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
34869359W |
27.3.2025 |
2024001302 |
378, 479, 832, 1193, 1262, 2212, 2255 |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
76910208W |
27.3.2025 |
2024001396 |
36 |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
35515113P |
27.3.2025 |
2024001489 |
4985, 6520 |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
00258471C |
27.3.2025 |
2024001495 |
4692, 4828 |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG |
35790850K |
27.3.2025 |
2024001504 |
4129 e 13 máis |
|
01959-Plisan-Inclusión bens e dereitos dos recursos mineiros e valoración do solo de núcleo rural por sentenzas TSXG. |
34869344X |
27.3.2025 |
2024001508 |
4947, 6446, 6317-A |
|
02489-Sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306. Concello Vilanova de Arousa. Clave PO/21/069.06. |
76862595E |
24.4.2025 |
2024001356 |
18 |
|
02489-Sendas peonís na marxe dereita da PO-302 e PO-306. Concello Vilanova de Arousa. Clave PO/21/069.06 |
35383769V |
24.4.2025 |
2024001357 |
19 |
|
02493-Mellora viaria para o fomento da mobilidade sostible na estrada PO-323-2ª fase (Vigo). Clave PO/22/089.06. |
35951988K |
27.3.2025 |
2024001400 |
3 |
|
02508-Acondicionamento e mellora da seguridade viaria na DP-3104 en Liñares (Culleredo). |
32131159K |
24.4.2025 |
2024001459 |
19 |
|
02519-DP 2303 mellora seguridade viaria en Bermún p.q. 10+600 ao 12+200 (CEE). Código 2022.1110.0002.0. |
76362950Y |
24.4.2025 |
2024001522 |
26, 26 T |
|
02526-LMTA, CTI e RBT Xocín. Concello de Baños de Molgas (expte. IN407A 2023/077-3). |
34467506M |
24.4.2025 |
2024001645 |
7 |
|
02526-LMTA, CTI e RBT Xocín. Concello de Baños de Molgas (expte. IN407A 2023/077-3). |
34467506M |
24.4.2025 |
2024001646 |
8 |
|
02526-LMTA, CTI e RBT Xocín. Concello de Baños de Molgas (expte. IN407A 2023/077-3). |
34467506M |
24.4.2025 |
2024001647 |
9 |
|
02526-LMTA, CTI e RBT Xocín. Concello de Baños de Molgas (expte. IN407A 2023/077-3). |
34467506M |
24.4.2025 |
2024001651 |
13 |
|
02535-Regulamentación LMTA PED704 apoios 25-5 e 25-6. Concello Bergondo (IN407A 2020/44-1). |
33649994M |
24.4.2025 |
2025000002 |
1 |
|
02538-Aparcadoiro disuasorio para o fomento do vehículo compartido asociado á implantación de zonas de baixas emisións nas cidades galegas. AG-57 (Nigrán). Clave: PO/22/148.06.1. |
35981681K |
27.3.2025 |
2025000021 |
1 |
