Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia, procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia o contido mínimo da seguinte resolución:
Resolución do 22 de xullo de 2025 de encomenda de xestión a Tragsatec para apoio técnico do control da calidade sobre a dixitalización da rede de Camiños de Santiago en Galicia.
– Actividade: apoio técnico do control da calidade sobre a dixitalización da rede de Camiños de Santiago en Galicia.
O apoio técnico do control da calidade sobre a dixitalización da rede de Camiños de Santiago en Galicia consiste na realización das funcións recollidas no número 3 do prego de prescricións técnicas.
– Natureza e alcance da xestión: esta encomenda de xestión ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia. A encomenda ten un prazo máximo de duración de 2 meses desde a recepción da cartografía dos camiños.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia
