Na sesión que tivo lugar o día 7 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX), convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Que, unha vez examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións publicadas pola Resolución do 5 de maio de 2025 (DOG núm. 93, do 16 de maio) e feita unha nova corrección respecto de dezaseis aspirantes reclamantes da lista de notas do primeiro exercicio, dous deles modifican a súa puntuación.
Unha das modificacións corresponde a unha aspirante que opta pola quenda de promoción interna e que aumenta a súa puntuación, e non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio por esta quenda.
A segunda modificación corresponde a unha aspirante que opta pola quenda de acceso libre e que diminúe a súa puntuación, e non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio por esta quenda.
As ditas modificacións fóronlles notificadas por este tribunal individualmente ás persoas interesadas.
Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.
Terceiro. Publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes que viron modificada a súa puntuación con relación ao primeiro exercicio deste proceso, unha vez resoltas as alegacións presentadas.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2025
Víctor Manuel Patiño Grela
Presidente do tribunal
