DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 4 de agosto de 2025 Páx. 42527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 18 de xullo de 2025, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución de baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles aos titulares dos establecementos da provincia de Ourense que se relacionan no anexo a baixa de oficio e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se lles notifica en cumprimento do establecido no artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 18 de xullo de 2025

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: piso ao lado das Burgas.

Tipoloxía: vivenda de uso turístico.

Sinatura: VUT-OR-000154.

Titular: herdeiros de Manuel Rodríguez Casas.

Enderezo: avenida de Portugal, núm. 93, 2º C.

Concello: Ourense.