Unha vez rematado o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 39, auxiliar de autopsias, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 20 de xuño de 2025 (DOG núm. 121, do 26 de xuño), esta consellería, de acordo co previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal laboral fixo na categoría 39, auxiliar de autopsias, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia, a persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución e adxudicarlle como destino definitivo o que figura no mesmo anexo.
Para adquirir a condición de persoal laboral fixo, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 13 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante estea en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro destino |
Centro directivo |
Concello |
Grupo |
Categ. |
Observacións |
|
6 |
***4296** |
Vázquez García, David |
5 |
PRC991001115770014 |
Auxiliar de autopsias |
PR |
Instituto de Medicina Legal de Galicia. Subdirección Territorial de Santiago de Compostela |
Servizos periféricos |
Santiago de Compostela |
IV |
39 |
Dispoñibilidade horaria//B11//B18 |
