DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 4 de agosto de 2025 Páx. 42491

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 28 de xullo de 2025 pola que se convocan os premios a traballos de fin de estudos (grao e máster) e tese de doutoramento con contidos en temas relacionados co emprendemento curso 2024/25.

BDNS (Identif.): 848912.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/848912

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumando que teña superado na Universidade de Vigo durante o curso 2024/25 e, en todo caso antes do 31 de agosto de 2025, o traballo de fin de grao ou traballo de fin de máster universitario; no caso de tese de doutoramento, esta debe estar lida e defendida entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é dar visibilidade á achega daquelas liñas de investigación en materia de emprendemento e innovación impulsadas polos estudantes de Universidade de Vigo, a través do desenvolvemento dos seus traballos de fin de estudos (grao e máster) e tese de doutoramento.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 28 de xullo de 2025 pola que se convocan os premios a traballos de fin de estudos (grao e máster) e tese de doutoramento con contidos en temas relacionados co emprendemento curso 2024/25.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estes premios será de quince mil cincocentos euros (15.500 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 29 de xullo ata o 11 de setembro de 2025.

Vigo, 28 de xullo de 2025

O reitor de Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade