DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 4 de agosto de 2025 Páx. 42489

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 23 de xullo de 2025 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2025, e polo que se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408F).

BDNS (Identif.): 849479.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/849479

Primeiro. Persoas beneficiarias

As empresas que teñan, polo menos, un centro de traballo en Galicia e que sexan titulares de adegas de elaboración de viño (CNAE 1102), acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.

Poderán ser persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens, sociedades civís ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior parágrafo.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2025.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 23 de xullo de 2025 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para facilitar o financiamento da adquisición de uva polas adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas para a campaña 2025, e polo que se procede á súa convocatoria para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408F).

Cuarto. Importe

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741.A.7700 e polos seguintes importes e distribución plurianual: 50.000 € no ano 2025 e 1.950.000 € no ano 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse transcorridos cinco (5) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ás 9.00 horas, e rematará o 16 de decembro de 2025, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025

Patricia Villajos Grande
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica