DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 4 de agosto de 2025 Páx. 42504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 21 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o acordo polo que se prorroga a vixencia do informe de impacto ambiental do proxecto do centro de valorización de residuos non perigosos no parque empresarial A Reigosa, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra) (clave do expediente 2021/0059).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o acordo polo que se prorroga a vixencia do informe de impacto ambiental, do 18 de xullo de 2025, do proxecto do centro de valorización de residuos non perigosos no parque empresarial A Reigosa, no concello de Ponte Caldelas (Pontevedra), promovido por Luis Rivas, S.L.

Este acordo poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade