De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o acordo polo que se prorroga a vixencia do informe de impacto ambiental, do 18 de xullo de 2025, do proxecto da instalación para almacenamento e valorización de residuos industriais non perigosos, na parroquia da Ramallosa, no concello de Nigrán (Pontevedra), promovido por Resigal Gestión Integral de Galicia, S.L.
Este acordo poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
