DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 4 de agosto de 2025 Páx. 42550

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2025 pola que se realiza a convocatoria pública para cubrir unha praza de persoal laboral fixo fóra de convenio colectivo.

Praza: 1 (unha) xefe/a de División de Auditoría e Control de Xestión e Procesos.

Tipo de contrato: contrato fixo.

Proceso selectivo: concurso de méritos.

As bases desta convocatoria e as solicitudes estarán á disposición dos/das interesados/as na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, rúa Peirao Pasaxeiros, núm. 1, e tamén na páxina web: www.portovilagarcia.es

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 20 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios previstos na lexislación vixente.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas polos seguintes medios: taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 8 de xullo de 2025

José Manuel Cores Tourís
Presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría