As prazas que se convocan son as seguintes:
I. Oferta ordinaria de emprego público 2024:
A) Funcionarios de carreira:
Inclúense as seguintes prazas funcionariais de acceso libre:
• Unha praza (1) de letrado/a da Deputación Provincial; subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico superior. Título universitario de licenciado/a ou grao en Dereito. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
• Dúas prazas (2) de técnicos/as de Administración xeral; subgrupo A1, escala de Administración xeral, subescala técnica. Título universitario de licenciado/a, graduado/a ou mestrado nunha titulación de calquera rama ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do Marco europeo de cualificacións). Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
• Unha praza (1) de arquitecto/a técnico/a; subgrupo A2, escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico medio. Título universitario de graduado/a en Arquitectura técnica ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) na área de coñecemento de Arquitectura. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
• Unha praza (1) de técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información; subgrupo A2. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase prazas de funcións especiais. Título universitario de grao en Enxeñaría Informática, en Sistemas e Servizos de Telecomunicacións, en Redes de Telecomunicación, Electrónica de Telecomunicacións ou en Sistemas de Telecomunicación ou calquera outro título oficial universitario con nivel, como mínimo, 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 6 do Marco europeo de cualificacións) nesta rama do coñecemento. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
• Dúas prazas (2) de técnicos/as superiores en educación e control ambiental; subgrupo B, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase prazas de funcións especiais. Título de técnico/a superior en Educación e Control Ambiental (formación profesional de ciclo superior). Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
• Dúas prazas (2) de técnicos/as auxiliares en ambiente; subgrupo C1. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais. Clase praza de funcións especiais. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
• Unha praza (1) de delineante; subgrupo C1. Escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico auxiliar. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
• Unha (1) praza de oficial/a de obras e servizos; subgrupo C1. Escala de Administración especial, subescala técnica. Clase técnico auxiliar. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Oposición libre.
Inclúense as seguintes prazas funcionariais de promoción interna vertical:
• Catro prazas (4) de administrativos/as de Administración xeral; subgrupo C1. Escala de Administración xeral, subescala administrativa. Título de bacharelato, técnico ou equivalente, ou unha antigüidade de dez anos na subescala C2, ou de cinco anos e a superación dun curso de formación específica sobre xestións e técnicas de organización do traballo administrativo ou réxime administrativo, impartido pola Deputación Provincial de Ourense. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición.
B) Cadro de persoal laboral:
Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:
Prazas de acceso libre:
• Unha praza (1) de condutor/a de maquinaria de obras públicas e vehículos especiais; subgrupo C2. Educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Permiso de conducir C+E máis certificado de aptitude profesional CAP. Concurso-oposición libre.
• Unha praza (1) de oficial/a taller-mecánico; subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.
• Cinco prazas (5) de choferes/as especialistas; subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Permiso de conducir C+E máis certificado de aptitude profesional CAP. Concurso-oposición libre.
• Unha praza (1) de axudante/a de obras e servizos; subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.
• Unha praza (1) de chapista; subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.
• Dúas prazas (2) monitores/as deportivos/as; subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición libre.
• Dúas prazas (2) de porteiros/as; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
• Dúas prazas (2) de operarios/as sen cualificar; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
• Unha praza (1) de axudante/a soldador/a; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
• Unha praza (1) de operario/a limpador/a; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
• Unha praza (1) de peón/peoa agrícola; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
• Tres prazas (3) de legoeiros/as; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo. Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
Resérvanse para persoas con diversidade funcional as seguintes prazas das incluídas no punto anterior:
• Unha (1) praza de operario/a limpador/a; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo (praza reservada para persoas con discapacidade xeral). Copia do diploma Celga 2. Concurso-oposición libre.
• Unha (1) praza de legoeiro/a; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo (praza reservada para persoas con discapacidade en xeral). Copia do diploma Celga 2. Concurso-oposición libre.
• Unha praza (1) operario/a sen cualificar; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo (praza reservada para persoas con discapacidade psíquica). Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
• Unha praza (1) porteiro/a; AP. Non é necesaria titulación ningunha do sistema educativo (praza reservada para persoas con discapacidade psíquica). Copia do diploma ou certificado Celga 2. Concurso-oposición libre.
No caso de que estas prazas non as cubra unha persoa con discapacidade, acumularanse ás da convocatoria ordinaria e poderán ser cubertas por persoas sen discapacidade que superen os procesos selectivos correspondentes.
Prazas de promoción interna vertical:
• Unha praza (1) de oficial de obras e servizos; subgrupo C1. Título de bacharelato, técnico ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 4. Concurso-oposición.
• Unha praza (1) de chofer/esa especialista; subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Permiso de conducir C+E máis certificado de aptitude profesional CAP. Concurso-oposición.
• Unha praza (1) de axudante de obras e servizos; subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
• Unha praza (1) de albanel; subgrupo C2. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente. Copia do diploma ou certificado Celga 3. Concurso-oposición.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).
O prazo de presentación de solicitudes de (20) días naturais, para o caso das prazas de promoción interna de laborais, será a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).
As solicitudes poderanse presentar na Oficina de Asistencia ao Cidadán en Materia de Rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As modalidades de presentación son as seguintes:
a) De forma presencial, mediante a presentación en papel da solicitude e da documentación anexa na Oficina de Asistencia ao Cidadán en Materia de Rexistro da Deputación Provincial ou en calquera dos lugares recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
b) De forma telemática, a través do rexistro electrónico xeral da sede electrónica da Deputación Provincial, no enderezo https://sede.depourense.es
No mesmo prazo xustificarase o aboamento dos dereitos de exame polos seguintes importes, e achegarase coa solicitude o xustificante correspondente: para as prazas do subgrupo A1, 19 euros; subgrupo A2, 17 euros; subgrupo C1, 15 euros; para as prazas do grupo C2, 13 euros; para as prazas de agrupacións profesionais sen requisito de titulación, 10 euros.
Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente na sede electrónica, na páxina web, www.depourense.es, e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.
O que se publica de conformidade co que dispón o artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.
Ourense, 15 de xullo de 2025
Luis Menor Pérez
Presidente da Deputación Provincial de Ourense
