DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 5 de agosto de 2025 Páx. 42679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso–administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 358/2025.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 358/2025 (procedemento ordinario), interposto por Argentina Lafuente Márquez, contra:

– A desestimación por silencio administrativo negativo do recurso de alzada interposto fronte á Resolución do 26 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan os procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos, convocados mediante resolucións do 14 e do 15 de decembro de 2022, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

– A desestimación por silencio administrativo negativo do recurso potestativo de reposición interposto fronte á Resolución do 24 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador/a (DOG núm. 63, do 1 de abril).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos