DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 5 de agosto de 2025 Páx. 42680

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento ordinario 324/2025.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 324/2025 (procedemento ordinario), interposto por Eva Prado González, contra a desestimación presunta do recurso potestativo de reposición interposto fronte á Resolución do 6 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de aspirantes definitivamente seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso na categoría de enfermeiro/a e se inicia o prazo para a elección de destino (DOG núm. 52, do 17 de marzo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos