Mediante a Resolución da Alcaldía 728/2025, do 24 de xuño, nomeouse a Victor Manuel Pico Feal, con DNI ***8387**, funcionario de carreira do Concello de Fene para ocupar unha praza de oficial de obras, pertencente ao grupo C, subgrupo C2, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, persoal de oficios, incluída na oferta de emprego público de 2021.
Este anuncio publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 124, do 2 de xullo de 2025.
O anterior faise público para os efectos dos artigos 62 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP) e 60 da Lei do emprego público de Galicia (LEPG).
Fene, 2 de xullo de 2025
Alejandra Permuy Meizoso
Alcaldesa
