DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 5 de agosto de 2025 Páx. 42682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de notificación de imposición de multa coercitiva e de requirimento de xestión da biomasa.

Tras intentar, sen resultado, a notificación da Resolución número 322/2025, do 23 de xuño de 2025, que se transcribe como anexo, dentro do procedemento de xestión da biomasa 945/2024, logo do incumprimento da orde de execución ditada polo Decreto 325/2024, contra J. A. P. G. e C. R. C., como titulares catastrais da parcela 310 do polígono 37, efectuamos a súa publicación, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Oia, 14 de xullo de 2025

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa

ANEXO

«Primeiro. Impor a J. A. P. G. e a C. R. C. unha multa coercitiva de 131,87 € para forzar a execución da orde de xestión da biomasa ditada polo Decreto 325/2024 sobre a parcela 310 do polígono 37 (referencia catastral 36036A037003100000QS), situada na franxa de protección da vivenda da parcela 309 do polígono 37 (referencia catastral 36036A037003090001WI), de acordo coa regulación da xestión da biomasa na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Segundo. A multa reiterarase trimestralmente ata o cumprimento íntegro da orde de execución referida, sen prexuízo de que esta Administración poida optar pola execución subsidiaria, no caso de que se aprecie unha necesidade sobrevida derivada do risco de incendios, con repercusión dos custos da xestión da biomasa á persoa responsable.

Terceiro. Notificarlles a presente aos interesados, co réxime de recursos que proceda.

Os prazos para o pagamento en período voluntario son os seguintes:

Se a notificación se recibe nos días 1 ao 15 do mes, o prazo remata o día 20 do mes seguinte.

Se a notificación se recibe nos días 16 ao último do mes, o prazo remata o día 5 do segundo mes natural seguinte.

De ser día inhábil o ultimo día do prazo, este estenderase ata o seguinte día hábil.

No caso de falta de pagamento nos prazos indicados, ditarase providencia de constrinximento e abrirase o período executivo de pagamento, coa aplicación das recargas do período executivo que regula o artigo 65 da Lei 58/2003 xeral tributaria.

O citado acordo pon fin á vía administrativa, polo que contra el poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que ditou o acto, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, se non quere exercer o seu dereito a presentar o recurso potestativo de reposición mencionado, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, órgano xurisdicional competente, conforme o establecido na Lei 29/98, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».