DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 5 de agosto de 2025 Páx. 42669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de reestruturación parcelaria da zona de Gonzar II, O Pino.

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Gonzar II, O Pino, que, con data do 15 de xullo de 2025, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«En cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, unha vez revisados a documentación e os planos que o compoñen, por medio deste acto apróbase o acordo de reestruturación parcelaria da zona de Gonzar II, O Pino.

Conforme o disposto no punto 3 do artigo 16 da dita lei, disólvese a xunta local da zona.

O Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña procederá á súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación persoal ou publicación substitutiva.

A Coruña, 21 de xullo de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña