DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 5 de agosto de 2025 Páx. 42631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 22 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade da resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Biofibras de Galicia, S.L.U. para unha planta de fibra reciclada no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) (expediente 2024-IPPC-I-11).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de fibra reciclada

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental

Titular: Biofibras de Galicia, S.L.U.

Núm. rexistro AAI: 2024-IPPC-11-384

Concello: As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Expediente: 2024-IPPC-I-11

Esta resolución poderá consultarse en https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou de xeito presencial na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Por abstención (Resolución do 25.4.2025)
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural