De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 21 de xullo de 2025 do proxecto Plan de restauración da explotación de sección A) Breamo, número 100, no concello de Pontedeume (A Coruña), promovido por Pedra Gall, S.L.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
