Mediante a Resolución do 16 de xuño de 2025 (DOG número 120, do 25 de xuño) convocouse o concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos, persoal funcionario, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1. No punto 7.2 establécese que a Comisión de Avaliación será nomeada mediante unha resolución que se publicará no DOG. De conformidade con isto, resolvo nomear a seguinte Comisión de Avaliación.
Presidente:
– Juan José Nieto Montero, profesor titular de universidade da USC.
Vogais:
– Raquel María Souto García, funcionaria de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ramón del Valle López, funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Carolina López Gómez, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC.
Secretaria:
– María del Carmen Soengas Seoane, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que ditou a resolución. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2025
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela
