DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 5 de agosto de 2025 Páx. 42652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mazaricos (expediente IN407A 2023/406-1).

Expediente: IN407A 2023/406-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B14-14 e 9L67J07I//123-B14-15 e instalación de RC na LMTA POT-803.

Concello: Mazaricos.

Feitos:

1º. O día 27.9.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor duns apoios da liña de distribución de media tensión LMT POT803 (IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación de Pontella, no lugar de Vilaferreiros, na parroquia de Alborés (San Mamede), concello de Mazaricos, que non son capaces de soportar os esforzos, proxéctase a substitución de dous apoios de formigón por uns de tipo metálico, a do condutor do van e a instalación dun reconectador telecontrolado.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, e que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B14-14 e 9L67J07I//123-B14-15 e instalación de RC na LMTA POT-803, asinado o día 22.6.2023 por Herminia López Caamaño, enxeñeira técnica industrial eléctrica, nº de colexiado 4.598 de Vigo, e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

– Anexo, asinado o día 5.11.2024 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico Industrial graduado en enxeñaría eléctrica, nº colexiado 4.684 de Vigo (CoitiVigo).

2º. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– Diario Oficial de Galicia: 7.12.2023.

– BOP: 21.11.2023.

– Xornal La Voz de Galicia: 29.11.2023.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 25.1.2024.

3º. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4º. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Mazaricos.

No día desta resolución, non consta no expediente resposta do Concello á solicitude de informe.

5º. O día 7.7.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1ª. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG nº 101, do 27 de maio).

2ª. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3ª. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Vilaferreiros, na parroquia de Alborés (San Mamede), concello de Mazaricos, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Substitución de condutor no tramo LMTA (POT8030973) a 20 kV, de 179 m, condutor tipo LA-56 Al (existente LA-30), coa orixe no apoio nº 9L8LTNRV//123-B14-14 de formigón existente para substituír por tipo C-1000/18, da LMT POT803 (IN407A 2016/2132-1), procedente da subestación de Pontella, e remate no apoio nº 9L67J07I//123-B14-15 de formigón existente para substituír por tipo C-1000/16 (frecuentado). Retensado dos vans adxacentes.

– Instalación de reconectador (RC) automático no apoio nº 123-B14-15 existente para substituír.

4ª. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5ª. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de xullo de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Termo municipal de Mazaricos.

Substitución dos apoios 9L8LTNRV//123-B14-14 e 9L67J07I//123-B14-15 e instalación de RC na LMTA POT-803.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15046A008000420000AX

Campo do Cubo

Novo apoio nº 123-B14-14

1,82

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

2

Víctor Vieites Albite

15046A008000550000AB

Entre os Xistos

Novo apoio nº 123-B14-15 (ITC)

1,96

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías