DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 5 de agosto de 2025 Páx. 42660

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, do acordo de ocupación e do requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello do Corgo (expediente IN407A 2023/58-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles ás persoas interesadas a ocupación e o requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación Nova LMT para peche da LMTA LUG801 e SAR813 (O Corgo), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 22 de xullo de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/58-2.

Denominación: Nova LMT para peche da LMTA LUG801 e SAR813 (O Corgo).

Acordo de ocupación e requirimento para presentar as follas de valoración dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello do Corgo.

Predio

Propietario

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Apoio nº

Sup. (m²)

Voo (lonx.)

Voo

(sup. m²)

44

Jaime García Valcárcel

107

47

Lama Cabalar

Prado

9

2

67,00

1.082,00