De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 22 de xullo de 2025 do proxecto Campamento de turismo Ecolodge-Raíces da Costa Ártabra no lugar do Raso, na parroquia de Caamouco, no concello de Ares (A Coruña) promovido por Francisco Antonio Martínez Raya.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
