De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade o 22 de xullo de 2025, do proxecto Explotación avícola de recría de poñedoras no lugar da Bragaña, na parroquia da Puxeda, no concello de Palas de Rei (Lugo) promovido por Granja Campomayor, S.L.
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
