DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 6 de agosto de 2025 Páx. 42696

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2025 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B) (Diario Oficial de Galicia número 4, do 8 de xaneiro).

O artigo 19 da Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2025 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B) establece que, no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución, se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2025, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2025

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 16 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2025 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B).

Crédito orzamentario: 30.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 06.04.541B-760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

Expediente, entidades beneficiarias, elemento do Catálogo, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Núm. expediente

Entidade beneficiaria

Elemento do Catálogo

Aplicación orzamentaria

Importe adxudicado (€)

001/2025

Concello de Bande

28F

06.04.541B-760.0

3.233,70

002/2025

Concello de Viveiro

39A

06.04.541B-760.0

2.342,70

003/2025

Concello de Tomiño

43F

06.04.541B-760.0

2.235,32

004/2025

Concello de Padrón

97A

06.04.541B-760.0

2.788,50

14F

1.145,20

005/2025

Concello de Ponteareas

172A

06.04.541B-760.0

1.867,70

006/2025

Concello de Pontedeume

62A

06.04.541B-760.0

3.882,00

007/2025

Concello da Coruña

63A

06.04.541B-760.0

3.504,60

13F

4.500,14

21F

4.500,14