De conformidade co disposto na base décima da Resolución do 5 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo (DOG núm. 241, do 16 de decembro), concluídas as citadas probas, por proposta da presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, esta secretaría xeral técnica
RESOLVE:
Dar publicidade á lista de persoas aspirantes declaradas aptas nas probas de aptitude para o acceso á profesión de xestor administrativo, que figura como anexo, de conformidade coa Resolución do tribunal do 9 de xullo de 2025.
Contra a dita resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución. Transcorrido o prazo de tres meses sen resolución expresa, o recurso poderase entender desestimado. A resolución expresa ou presunta do recurso pon fin á vía corporativa e poderá ser impugnada na orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
ANEXO
Relación de aspirantes declarados aptos nas probas de aptitude para o acceso á profesión de xestor administrativo
|
Núm. |
Nome |
DNI |
|
1 |
Rey Vilela, Alicia |
***4150** |
|
2 |
Silva Sánchez, Javier |
***8450** |
|
3 |
Bangueses Rodríguez, Pablo |
***3683** |
|
4 |
Badel Rodríguez, Nubia del Carmen |
***2502** |
|
5 |
Núñez González, Carlos |
***7917** |
|
6 |
Casas Gil, Karina |
***5304** |
|
7 |
Diz Teijeiro, Antonio |
***5413** |
|
8 |
Ríos Galeano, María del Carmen |
***4216** |
