De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo á designación formalizada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), por proposta do conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do vinte e un de xullo de dous mil vinte e cinco,
DISPOÑO:
Artigo 1. Cesamento
Que cese Xesús Antón Bermello García como membro do Consello Escolar de Galicia, en representación das centrais sindicais máis representativas en Galicia, por proposta da Confederación Intersindical Galega (CIG).
Artigo 2. Nomeamento
Nomear membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación das centrais sindicais máis representativas en Galicia, por proposta da Confederación Intersindical Galega (CIG), a Laura Arroxo Reguera.
Artigo 3. Duración do mandato
O mandato do novo membro será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exerce.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte e un de xullo de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
