A Consellería de Política Social e Igualdade convocou no ano 2025 axudas para a posta en marcha de casas do maior, a través da Orde do 6 de xuño de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2025 e 2026, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A) (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 23 de xuño de 2025).
O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 9 da mencionada Orde do 6 de xuño de 2025, e no artigo 10 determínase a documentación complementaria que se deberá xuntar coa solicitude.
Unha vez revisadas as solicitudes para a posta en marcha de casas do maior (código de procedemento BS212A), presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conteren erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.
Segundo establece o referido artigo 9 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 17 da citada orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A dita publicación producirá os efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación, o 29 de xullo de 2025, de emenda das solicitudes presentadas no procedemento BS212A, de subvencións para a posta en marcha de casas do maior, que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras para a súa emenda, acto coa relación que figura como anexo desta resolución.
Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores a través da conta de correo subxmaiores.politicasocial@xunta.gal
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
ANEXO
Requirimento de solicitude procedemento
Procedemento: BS212A, subvencións para a posta en marcha de casas do maior.
Acto administrativo: requirimento de emenda de solicitudes.
Data: 29 de xullo de 2025.
Órgano competente: órgano instrutor.
Efectos: as persoas solicitantes terán un prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Relación de expedientes:
|
Expediente |
Solicitante |
NIF |
Emenda/documentación requirida |
|
BS212A-2025/01 |
A Casa das Redes, Soc. Coop. Galega |
F75415836 |
Achegar e completar a memoria descritiva na que se recolla o número potencial de persoas maiores de 60 anos dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Anexo III asinado. |
|
BS212A-2025/04 |
Cristina Fernández Candales |
***0809** |
Completar e achegar a memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de persoas maiores de 60 anos dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Completar e achegar a proposta metodolóxica básica, asinada pola persoa promotora, na que se recollan os aspectos indicados no artigo 10.1.e). Achegar descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f). Completar e achegar a memoria descritiva do inmoble indicando plano actual e plano coas adaptacións que se levarán a cabo, así como fotografías das estancias actuais, nos termos previstos no artigo 10.1.g). |
|
BS212A-2025/05 |
Débora María Bouzón Bouzón |
***9699** |
Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. Achegar a memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de persoas maiores de 60 anos dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar a proposta metodolóxica básica asinada. Achegar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f). Achegar a memoria descritiva do inmoble nos termos previstos no artigo 10.1.g). |
|
BS212A-2025/06 |
Diana Romar López |
***1553** |
Achegar e completar a proposta metodolóxica básica, indicando a relación coa comunidade e presentar unha programación xeral dunha xornada e indicar o horario da casa do maior, de acordo cos termos previstos no artigo 10.1.e). Achegar e completar a memoria descritiva do inmoble diferenciando as zonas de comedor e sala de actividades; e achegar fotos da situación actual do inmoble, nos termos previstos no artigo 10.1.g). |
|
BS212A-2025/09 |
Guadalupe Gómez Fernández |
***2515** |
Achegar a memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de persoas maiores de 60 anos dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar e completar a proposta metodolóxica básica, asinada pola persoa promotora, de acordo cos termos previstos no artigo 10.1.e). Achegar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f). Achegar a memoria descritiva do inmoble, nos termos previstos no artigo 10.1.g). |
|
BS212A-2025/10 |
Jessica Lyria Silva |
***4297** |
Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. Achegar e completar a proposta metodolóxica básica, asinada na que se especifiquen os protocolos de hixiene persoal e protocolo da atención e coidados. Achegar e complementar a memoria descritiva na que se recolla o número potencial de persoas maiores de 60 anos dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). |
|
BS212A-2025/12 |
Juan Carlos Domínguez Castro |
***1331** |
Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. Achegar a memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de persoas maiores dependentes usuarias e xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar a proposta metodolóxica básica asinada, nos termos previstos no artigo 10.1.e). Achegar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f). Achegar a memoria descritiva do inmoble, nos termos previstos no artigo 10.1.g). Anexo II. |
|
BS212A-2025/13 |
María Belén Cortés Pérez |
***8420** |
Achegar e complementar a memoria descritiva na que se recolla o número potencial de persoas maiores de 60 anos con datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar e completar a proposta metodolóxica básica, indicando a relación coa comunidade e presentar unha programación xeral dunha xornada e indicar o horario da casa do maior, de acordo cos termos previstos no artigo 10.1.e). Achegar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, que comprenderá as características e a composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluirase o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian empregar no desenvolvemento do proxecto indicando se son ou non de nova adquisición; nos termos previstos no artigo 10.1.f). |
|
BS212A-2025/15 |
María José María Pasantes |
***2697** |
Achegar e completar a proposta metodolóxica básica, indicando a relación coa comunidade e presentar unha programación xeral dunha xornada e indicar o horario da casa do maior, de acordo cos termos previstos no artigo 10.1.e). Achegar e completar a memoria descritiva do inmoble diferenciando as zonas de comedor e sala de actividades; e achegar fotos da situación actual do inmoble, nos termos previstos no artigo 10.1.g). |
|
BS212A-2025/16 |
María Pilar Fernández Durán |
***1151** |
Achegar anexo I cuberto na parte de datos da casa do maior: nome da casa do maior e enderezo. Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. Achegar e completar a memoria descritiva na que se recolla o número potencial de persoas maiores dependentes usuarias dos tres últimos anos maiores de 60 anos, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar a proposta metodolóxica asinada. Achegar a modificación do anexo II. Hai partidas incluídas no orzamento que non son subvencionables. |
|
BS212A-2025/17 |
Marta Vázquez Abadía |
***7405** |
Achegar a memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de persoas maiores dependentes usuarias e xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar a proposta metodolóxica básica, asinada pola persoa promotora, de acordo cos termos previstos no artigo 10.1.e). Achegar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f). Achegar a memoria descritiva do inmoble, nos termos previstos no artigo 10.1.g). |
|
BS212A-2025/21 |
Nayara González Vázquez |
***3340** |
Achegar e completar a memoria descritiva na que se recolla o número potencial de persoas maiores dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar e completar a proposta metodolóxica básica, asinada pola persoa promotora de acordo co artigo 10.1.e). Achegar e completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto nos termos previstos no artigo 10.1.f). Achegar novo plano da memoria descritiva do inmoble nos termos previstos no artigo 10.1.g) no que veñan especificadas as zonas separadas do comedor e da sala das actividades. |
|
BS212A-2025/23 |
Noela Aguado Sánchez |
***3343** |
Achegar e completar a memoria descritiva na que se recolla o número potencial de persoas maiores dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos últimos tres anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). |
|
BS212A-2025/25 |
Sorema Sociedade Cooperativa Galega |
F27870138 |
Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde da persoa socia que desenvolva o proxecto. Achegar documentación acreditativa da constitución da cooperativa ou, no caso de ter iniciados os trámites para a súa constitución: estatutos, solicitude de cualificación previa dos mesmos ou solicitude de inscrición no Rexistro de Sociedades Cooperativas. Achegar a memoria descritiva na que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de persoas maiores de 60 anos dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar a proposta metodolóxica básica asinada pola persoa que desenvolva o proxecto. Achegar e completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto nos termos previstos no artigo 10.1.f). Achegar a memoria descritiva do inmoble nos termos previstos no artigo 10.1.g). |
|
BS212A-2025/26 |
Trinta Touros. Sociedade Cooperativa Galega. Casa do Maior Mar |
F22757744 |
Achegar e completar a proposta metodolóxica básica, indicando a relación coa comunidade e presentar unha programación xeral dunha xornada e indicar o horario da casa do maior, de acordo cos termos previstos no artigo 10.1.e). Achegar e completar a memoria descritiva do inmoble, nos termos previstos no artigo 10.1.g), indicando no plano a separación da zona de comedor da zona de actividades. |
|
BS212A-2025/27 |
Trinta Touros. Sociedade Cooperativa Galega. Casa do Maior Sol |
F22757744 |
Achegar e completar a proposta metodolóxica básica, indicando a relación coa comunidade e presentar unha programación xeral dunha xornada e indicar o horario da casa do maior, de acordo cos termos previstos no artigo 10.1.e). Achegar e completar a memoria descritiva do inmoble, nos termos previstos no artigo 10.1.g), indicando no plano a separación da zona de comedor da zona de actividades. |
|
BS212A-2025/28 |
Victoria Basteiro Diego |
***6548** |
Achegar certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. Achegar e complementar a memoria descritiva na que se recolla o número potencial de persoas maiores de 60 anos dependentes usuarias apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística nos tres últimos anos, nos termos previstos no artigo 10.1.d). Achegar a proposta metodolóxica básica asinada. Achegar e completar a descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto, nos termos previstos no artigo 10.1.f). Achegar memoria descritiva do inmoble nos termos previstos no artigo 10.1.g). |
