DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 6 de agosto de 2025 Páx. 42778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2025/025-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 18.2.2025 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Enderezo: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS CS rúa A, núm. 4, polígono de Barreiros.

Situación: polígono industrial de Barreiros, concello de San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 54.263,38 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, de 228 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, con orixe na cela de saída do CS 32CLM6 Apersa Barreiros e final nos empalmes que se realizarán sobre a LMTS denominada SCV817 Rairo Barreiros, no tramo comprendido entre o CS 32CLM6 Apersa Barreiros e o CT 32CDN9 polígono Barreiros II, despois de realizar entrada-saída no novo CS proxectado.

– Novo CS en caseta prefabricada, do tipo compacto de manobra exterior 3L 2TC (con 3 celas de liña e 2 celas telecontroladas).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 10 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense