O que subscribe, Isidro Peleteiro García, en representación da Comunidade de Usuarios de Augas de Pedre, localizada na aldea de Pedre, parroquia de Santo Estevo de Pedre, concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), por este anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas do núcleo de Pedre, co fin de constituírse en comunidade de usuarios segundo a lexislación de augas vixente e solicitar a correspondente concesión administrativa, asemblea que terá lugar o 24.8.2025, ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 horas en segunda convocatoria, no enderezo Pedre, nº 71, coa seguinte:
Orde do día:
1. Formar a relación nominal de usuarios (nome, DNI, enderezo da vivenda e referencia catastral, sinatura orixinal), constituírse en comunidade de usuarios e solicitar a concesión administrativa, así como elixir o nome e o domicilio da Comunidade.
2. Aprobar as bases ás cales, dentro da lexislación vixente, se terán que axustar os proxectos de ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.
3. Designación dos membros que integran a Xunta de Goberno, encargada da dirección da Comunidade e da redacción das ordenanzas e regulamentos.
4. Rogos e preguntas.
Pedre, 3 de xullo de 2025
Isidro Peleteiro García
Representante da Comunidade de Usuarios de Augas de Pedre
