No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 158, do 11 de xullo de 2025, publícanse a convocatoria e as bases específicas que regulan o proceso selectivo para o ingreso nas prazas de persoal funcionario de carreira, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público do ano 2022, que a seguir se sinalan:
Dúas prazas de técnico/a da Administración xeral, do cadro de persoal funcionario, pertencentes á escala de administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, mediante o sistema de oposición, cota xeral, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.
Lugo, 11 de xullo de 2025
O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 25.6.2025)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial
