A concellaría responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolucións do 13.6.2025 e 10.6.2025, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:
– Patricia Torres Abuín, con DNI ***2475**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Vanesa Prado Miguélez, con DNI ***2201**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Lidia Isabel Presa García, con DNI ***7534**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– María de la Paz Reboredo Agra, con DNI ***6703**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– María José Quintáns Acuña, con DNI ***2377**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Raquel Gago Rodríguez, con DNI ***2900**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Tania González Velo, con DNI ***7117**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Juan Luis Guillán Tirado, con DNI ***8672**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
– Ana Macarena Vilas Tobar, con DNI ***8169**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– Lucía Silva Canabal, con DNI ***2835**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– María Esther Gil Alonso, con DNI ***3596**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– Héitor García Ferreiro, con DNI ***8491**, para ocupar unha praza de administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– Carlos Valentín García Quintáns, con DNI ***6548**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– Carolina Chávez Guerra, con DNI ***0250**, para ocupar unha praza de auxiliar administrativo/a da escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda libre.
– Eduardo Pérez Otero, con DNI ***8049**, para ocupar unha praza de oficial condutor/a mecánico/a da escala de Administración especial, integrada no grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.
Os ditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra as ditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer, ben o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que xulguen procedente conforme dereito.
Pontevedra, 7 de xullo de 2025
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 21.11.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados
