A Dirección Xeral de Saúde Pública convoca a realización do curso de Diplomado en Saúde Pública, a través da Escola Galega de Saúde Pública e da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (en diante, ACIS) acreditado pola Escola Nacional de Sanidade (en diante, ENS).
O obxectivo deste curso é proporcionar ao profesional da saúde un coñecemento máis profundo das diversas disciplinas da área da Saúde Pública e dar a coñecer os instrumentos imprescindibles que se utilizan para a interpretación, control e avaliación dos problemas de saúde. Preferentemente diríxese a aqueles profesionais con interese na saúde pública, que prestan servizos no Sistema Público de Saúde de Galicia, ou pretenden acceder a el.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Convocar o curso Diplomado en Saúde Pública, edición 2025.
Segundo. Aprobar as seguintes bases da convocatoria.
1. Aspectos xerais.
1.1. O curso desenvólvese pola Escola Galega de Saúde Pública e por ACIS e acreditarase pola ENS.
1.2. O título correspondente outórgase pola ENS e ten validez en todo o territorio nacional.
1.3. Para cursar o Diplomado en Saúde Pública deberase estar en posesión de licenciatura, diplomatura ou grao universitario ou equivalente no sector sanitario ou ser profesional titulado universitario que desempeñe funcións no ámbito sanitario no momento de finalizar o prazo de presentación de instancias, e deberase, no caso de titulacións estranxeiras, presentar a debida homologación.
1.4. Estrutura do curso: o curso constará de 275 horas lectivas, distribuídas en: 200 teóricas e 75 prácticas dedicadas á elaboración dun traballo sobre casos e problemas próximos ao ámbito profesional e da contorna dos participantes, que se defenderá ante un tribunal ao final do curso (30 ECTS).
1.5. Metodoloxía docente: as horas de contido teórico, así como as probas de avaliación de coñecementos, realizaranse na modalidade de teleformación. A elaboración do traballo práctico será de carácter individual ou en grupos dun máximo de dous alumnos, sempre que as características deste o requiran. Neste último caso, a Escola Galega de Saúde Pública deberá autorizar a elaboración dos traballos en grupo en función do contido e carga de traballo destes.
O traballo práctico poderá ter un dos seguintes formatos:
1. Revisión bibliográfica.
2. Deseño dun proxecto de investigación.
3. Estudio especial.
1.6. Oferta de prazas: convócanse 50 prazas.
En razón ao dereito de formación dos profesionais da Dirección Xeral de Saúde Pública e das direccións territoriais da Consellería de Sanidade, resérvanse 10 prazas para eles/as. As 40 prazas restantes quedan asignadas para a quenda xeral. As prazas que non se cubran, das 10 reservadas, pasarán á quenda xeral.
Quenda xeral: se o número de solicitudes excede o das prazas ofertadas, a selección das persoas que poderán realizar este curso farase con base na puntuación obtida de acordo co baremo que figura no anexo I desta resolución.
Poderán solicitar a realización deste curso aqueles que cumpran os requisitos xerais, incluíndo as persoas que estean gozando dos permisos de maternidade, paternidade, adopción ou acollemento, durante a situación de excedencia por coidado de familiares e as traballadoras en situación de licenza por risco de embarazo.
2. Solicitudes.
2.1. Os aspirantes para participar no curso deberán remitir exclusivamente ao enderezo de correo electrónico escola.saude.publica@sergas.es, asinados dixitalmente, os anexos I e II da presente convocatoria, acompañados dos documentos acreditativos dos requisitos especificados no punto 7.
2.2. Non se admitirán solicitudes dirixidas a outros enderezos de correo electrónico corporativos, teléfono ou outros medios.
2.3. O período para a presentación de solicitudes en liña comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e concluirá o día 30 de setembro de 2025.
3. Comisión de Selección.
3.1. 1. O proceso de selección do alumnado levarase a cabo pola Comisión de Selección, que estará formada por:
– O/a xefe/a de Servizo de Xestión do Coñecemento e Innovación en Saúde Pública
– O/a xefe/a de Servizo de Innovación Formativa de ACIS.
– O/a programador/a docente do curso.
– Un/unha profesional do Servizo de Xestión do Coñecemento e Innovación en Saúde Pública que se encargue da organización e desenvolvemento do curso.
– Un/unha profesional de ACIS que se encargue da organización e desenvolvemento do curso, que actuará como secretario/a, con voz e voto.
Os membros da Comisión serán designados mediante a resolución da directora xeral de Saúde Pública, que será publicada na páxina web das entidades organizadoras, tendo cada membro titular o seu correspondente suplente.
4. Proceso de selección.
4.1. Finalizado o prazo de presentación de instancias, a Comisión de Selección procederá a valorar os méritos que, debidamente acreditados, achegasen os/as solicitantes, aplicando para iso o baremo que figura como anexo I da presente convocatoria.
4.2. En caso de empate, terá prioridade o/a aspirante que conte con maior puntuación no punto 4 «Cursos de Saúde Pública», do baremo que figura como anexo I e, en caso de novo empate, o/a aspirante de maior idade.
4.3. Unha vez baremadas as solicitudes, elaborarase unha lista provisional en orde decrecente e correlativa da puntuación obtida polos/as aspirantes.
5. Publicación das listas provisionais.
5.1. Unha vez finalizado o proceso de selección por parte da Comisión de Selección, procederase á publicación das listas provisionais nas páxinas web da Escola Galega de Saúde Pública (https://escolasaudepublica.sergas.gal) e de ACIS (https://acis.sergas.gal) en orde decrecente e correlativa da puntuación obtida polos/as aspirantes.
5.2. Fronte ás listas provisionais, os/as interesados/as poderán formular reclamación ante a directora xeral de Saúde Pública, no prazo de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación das ditas listas nas páxinas web, que será resolta mediante resolución daquela.
6. Publicación das listas de alumnos/as admitidos/as.
6.1. Finalizado o prazo de presentación de reclamacións e ditada, se é o caso, resolución sobre as que se presentaron, elaborarase a resolución coa lista definitiva de admitidos/as ao curso, á cal se dará a mesma publicidade que á lista provisional.
6.2. Así mesmo, informarase na/s páxina/s web dos pasos para seguir polos/as seleccionados/as e as datas límite para a formalización da matrícula.
6.3 No caso de que o número de admitidos/as non supere a cifra de inscricións considerada para a súa realización, a Comisión de Selección resérvase o dereito para cancelar, suspender ou pospoñer a actividade, caso en que se empregarán os medios de notificación previstos na normativa vixente para informar as persoas interesadas.
7. Acreditación de méritos, documentación e matrícula.
Acreditación de méritos e documentación:
– Anexos I e II.
– Documento nacional de identidade (DNI).
– Título universitario ou, na súa falta, copia do pagamento dos dereitos correspondentes.
Estes catro documentos deberán remitirse asinados dixitalmente.
Durante o curso poderase solicitar aos/as alumnos/as a presentación dos orixinais da documentación achegada para o seu cotexo, e no caso de que se detecte falseamento ou a falta dalgún documento acreditativo, este quedará automaticamente expulsado/a e perderá o importe da matrícula.
8. Formalización de matrícula.
8.1. Prezo de matrícula e forma de pagamento.
– O prezo de matrícula do curso será de 800 euros.
– Forma de pagamento: un só pagamento de 800 euros.
8.2. Os/as alumnos/as admitidos/as farán o pagamento do importe de matrícula íntegro do curso. A súa data de finalización será o 17 de outubro. Realizarán o oportuno ingreso ou transferencia bancaria no nº de conta corrente ES04 0182 5947 1100 1011 1001, consignarán no concepto o nome e DNI do alumno/a e anexarán posteriormente o comprobante dela á ligazón habilitada para ese efecto nas páxinas web.
8.3. A falta de formalización da matrícula en tempo supoñerá a exclusión do alumno/a do curso, asignándoselle ao seguinte na lista de reserva. Este/a novo/a alumno/a deberá formalizar a súa matrícula antes do 31 de outubro.
8.4. No caso de renuncia á praza, procederase á devolución íntegra do importe da matrícula abonada cando aquela teña lugar antes do día 17 de outubro, e asignarase a praza ao seguinte aspirante na lista de reserva. Este/a novo/a alumno/a deberá formalizar a súa matrícula antes do 31 de outubro. A renuncia realizada con posterioridade á citada data supón a perda do dereito á devolución da matrícula.
9. Desenvolvemento do curso.
9.1. O curso constará 275 horas lectivas, distribuídas entre 200 horas teórico-prácticas e 75 destinadas á elaboración dun traballo práctico final sobre casos e problemas próximos ao ámbito profesional.
9.2. O alumnado matriculado estará obrigado a:
a) Acceder á totalidade dos contidos de cada un dos módulos.
b) Cubrir todos os cuestionarios de avaliación no tempo establecido para iso.
c) Realizar todas as actividades propostas, se é o caso, polo/a docente ou titor/a de cada tema ou módulo.
d) Superar a totalidade das probas obxectivas ou actividades prácticas establecidas nel.
9.3. Os/as alumnos/as deberán dispoñer dun computador con conexión á internet, así como dos programas necesarios para a adecuada lectura ou acceso aos documentos do curso (Microsoft Office, Open Office, Acrobat, Flash ou similares).
9.4. Non cumprir cos requisitos descritos neste punto, dará lugar á perda de todos os dereitos do alumno/a, incluído o importe da matrícula.
10. Avaliación dos/das alumnos/as.
Para a obtención do título de Diplomado en Saúde Pública valoraranse os seguintes aspectos:
10.1. Avaliación continua da parte teórica modalidade teleformación do curso:
O sistema de avaliación será continuo e constará dunha proba obxectiva tipo test en cada módulo. O número de preguntas da proba dependerá da duración do módulo e establecerase un criterio proporcional ao seu número de horas.
Para acceder ao título de Diplomado en Saúde Pública é imprescindible superar a proba obxectiva de cada un dos módulos e cunha puntuación mínima de 5 sobre 10.
Aqueles/as alumnos/as que non superen algún dos módulos, poderán presentarse ata un máximo de dúas convocatorias adicionais a través do campus de teleformación en liña.
10.2. Avaliación do traballo final:
Establécense tres modalidades de traballo final: revisión bibliográfica comentada, deseño dun proxecto de investigación e estudo especial.
Os traballos finais das modalidades de revisión bibliográfica comentada e de deseño dun proxecto de investigación terán carácter individual.
A modalidade de estudo especial terá carácter grupal e poderase realizar por un máximo de dous (2) alumnos/as.
O seu prazo de presentación será o que estableza a Comisión de Selección.
Logo dunha avaliación preliminar polos membros do Tribunal Cualificador, a través do formulario elaborado para tales efectos, o/a alumno/a deberá defender o seu traballo final ante o Tribunal Cualificador e de maneira presencial na sede de ACIS en Santiago de Compostela. A defensa do traballo grupal corresponderá ao alumno ou alumna que sexa elixido/a por sorteo polo Tribunal no momento de realizar a presentación.
É imprescindible superar a avaliación do traballo final.
10.3. Para a cualificación final do alumno/a asignaranse a cada proba os seguintes pesos ponderados:
a) Proba obxectiva, avaliada de 0 a 10: un 60 % do total.
b) Traballo final, avaliado de 0 a 10: un 40 % do total.
A cualificación final resultará da suma das puntuacións obtidas nas dúas probas. Para superar a materia, será requisito indispensable acadar, como mínimo, o 40 % da puntuación máxima establecida para cada unha delas, independentemente da nota global obtida.
A avaliación final cualificarase unicamente como apto ou non apto, atendendo ao grao de superación dos requisitos mínimos estipulados.
10.4. Unha vez finalizado o curso, os alumnos que superen as probas de avaliación recibirán un diploma acreditativo expedido pola Escola Nacional de Sanidade, no cal se fará constar o resultado da avaliación conforme o criterio establecido de apto e o recoñecemento dun total de 30 ECTS.
11. Tribunal cualificador.
1. Estará composto polos seguintes membros:
• O/a programador/a docente do curso.
• Un/unha profesor/a do curso.
• Un/unha representante da Escola Nacional de Sanidade.
• Un/unha vogal, entre o persoal do Servizo de Xestión do Coñecemento e Innovación en Saúde Pública, titulado superior.
• Un/unha profesional de ACIS que se encargue da organización e desenvolvemento do curso, que actuará como secretario/a.
2. A súa composición farase pública nas web da Escola Galega de Saúde Pública (https://escolasaudepublica.sergas.gal) e de ACIS (https://acis.sergas.gal), mediante a resolución da directora xeral de Saúde Pública, durante o desenvolvemento do curso, e designaranse membros titulares e suplentes.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que a ditou, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2025
Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública
ANEXO I
Baremo de méritos académicos e profesionais
1. Méritos académicos.
a) Para titulados superiores:
• Grao universitario, diplomatura ou licenciatura: 0,50 puntos.
• Premio extraordinario de fin de carreira: 1,00 punto.
• Diploma de Estudos Avanzados: 1,50 puntos.
• Título de doutor: 2,00 puntos.
b) Para titulados medios:
• Premio extraordinario de fin de carreira: 1,00 punto.
A valoración dos méritos deste punto 1 será excluínte e computarase unicamente o mérito de maior puntuación.
2. Formación especializada.
• Médicos, farmacéuticos, químicos e outros especialistas tras a residencia: 2,50 puntos.
• Outras especialidades, tras a licenciatura, diplomatura ou grao superadas en rama sanitaria, que non leven residencia: 1,50 puntos.
• Formación de posgraduado en rama sanitaria: 1,00 punto.
• Outras oposicións superadas, en rama sanitaria, a corpos superiores (licenciados e diplomados) en Administración ou institucións públicas, estatal ou autonómica: 1,50 puntos.
Estes méritos acreditaranse, no primeiro suposto, mediante a presentación da correspondente certificación de servizos prestados, orixinal ou fotocopia debidamente compulsada ou legalizada emitida polo organismo competente, e nos restantes, mediante a presentación do nomeamento ou titulación correspondente, orixinal ou fotocopia debidamente compulsada ou legalizada, ao correo electrónico escola.saude.publica@sergas.es
3. Actividade profesional.
Servizos prestados á Administración sanitaria ou de docencia sanitaria, estatal ou autonómica, en réxime de propietario ou interino, ata un máximo de 4 puntos, valorarase por un mes: 0,1 puntos.
Servizos prestados á Administración sanitaria ou de docencia sanitaria, estatal ou autonómica, en réxime de contratado eventual, ata un máximo de 4 puntos, valorarase por un mes: 0,05 puntos.
Estes méritos acreditaranse mediante a presentación da correspondente certificación de servizos prestados, orixinal ou fotocopia debidamente compulsada ou legalizada, emitida polo organismo competente.
4. Cursos de Saúde Pública.
Por cursos específicos en materia de saúde pública: por cada 10 horas valorarase: 0,1 punto, ata un máximo de 3 puntos.
Só se valorarán os diplomas ou certificacións que se presenten, orixinais ou fotocopias debidamente compulsadas ou legalizadas, obtidos en cursos impartidos por organismos oficiais con docencia recoñecida e en que se especifique o número de horas lectivas e/o créditos. No caso de diplomas ou certificacións de cursos realizados en ACIS non será necesario achegar dita documentación.
|
Baremo de méritos |
Baremo (puntos) |
Autovaloración |
Comprobación |
|
1. Méritos académicos (excluíntes, computándose o de maior puntuación) |
|||
|
a) Titulados superiores: |
|||
|
Grao universitario ou equivalente |
0,50 |
||
|
Premio extraordinario de carreira |
1,00 |
||
|
Diploma de estudos avanzados |
1,50 |
||
|
Título de doutor |
2,00 |
||
|
b)Titulados medios: |
|||
|
Premio extraordinario fin de carreira |
1,00 |
||
|
2. Formación especializada |
|||
|
Médicos, farmacéuticos, químicos e outros especialistas tras residencia |
2,50 |
||
|
Outras especialidades, tras a licenciatura ou diplomatura, superadas en rama sanitaria, que non levan residencia |
1,50 |
||
|
Formación de posgrao en rama sanitaria |
1,00 |
||
|
Outras oposicións superadas sanitarias |
1,50 |
||
|
3. Actividade profesional (máx. 8 ptos.) |
|||
|
Servizos prestados á Administración sanitaria ou docencia, propietario/interino (máximo 4 ptos.) |
0,1 /mes |
||
|
Servizos prestados á Administración sanitaria ou de docencia, réxime contratado eventual (máximo 4 ptos.) |
0,05/mes |
||
|
4. Cursos de Saúde Pública (máximo 3 ptos.) |
|||
|
Cursos específicos en materia de saúde pública |
0,1/(10 horas) |
||
|
Total |
|||
En................................, ........de.............................de............
Sinatura
En cumprimento da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, o arriba asinante autoriza á ACIS a incluír os seus datos persoais nun ficheiro informático da entidade, para remitirlle información dos cursos. Cando vostede desexe poderá acceder aos seus datos, ben solicitar a súa rectificación ou cancelación, enviando unha carta a esta entidade.
ANEXO II
Solicitude de participación no curso de Diplomado en Saúde Pública
que terá lugar en Galicia
Don/Doña _______________________________________ DNI/NIE______________ coa titulación universitaria de: ________________________________________________
Natural de ______________________________ , provincia de ___________________ con domicilio en ____________________________________ provincia de ____________, rúa ____________________________________________________ nº ________, código postal: ____________, teléfono (fixo e móbil): ________________________________ correo-e: (obrigatorio) __________________________________
EXPÓN:
Que desexa participar no curso de Diplomado de Saúde Pública convocado neste ano académico que realizarán a Escola Galega de Saúde Pública e a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde. Que acepta todas as condicións expresadas nas bases da súa convocatoria, polo que:
SOLICITA:
Sexa admitida esta solicitude e documentación anexa, co fin de tomar parte no citado curso, na edición para realizar en Galicia en modalidade teleformación.
En................................, ........de.............................de............
Sinatura
ANEXO III
Programa
Módulo 1. Introdución á saúde pública (2 ECTS, 20 horas).
Módulo 2. Metodoloxía en saúde pública: Demografía, Bioestatística, Método epidemiolóxico, Métodos cualitativos (4 ECTS, 40 horas).
Módulo 3. Vixilancia de saúde pública e resposta a alertas e emerxencias (3 ECTS, 30 horas).
Módulo 4. Investigación e comunicación científica (2 ECTS, 20 horas).
Módulo 5. Protección da saúde (5 ECTS, 45 horas).
Módulo 6. Promoción da saúde e prevención da enfermidade (5 ECTS, 45 horas)
Módulo 7. Traballo final (9 ECTS, 75 horas).
O contido de cada un dos módulos adaptarase aos requisitos que estableza a Escola Nacional de Sanidade.
Calendario
Duración: 275 horas.
Parte teórica modalidade teleformación: do 3 de novembro de 2025 ao 25 de maio de 2026.
Presentación do traballo final: 21 e 22 de setembro de 2026.
Horario: metodoloxía teleformación.
|
Módulos |
Horas lectivas |
Datas |
|
Módulo 1 |
20 |
3 -23 de novembro |
|
Módulo 2 |
40 |
24 de novembro-19 xaneiro |
|
Módulo 3 |
30 |
20 de xaneiro-8 de febreiro |
|
Módulo 4 |
20 |
9 de febreiro-1 de marzo |
|
Módulo 5 |
45 |
2 de marzo-12 de abril |
|
Módulo 6 |
45 |
13 de abril-25 de maio |
|
Módulo 7 |
75 |
Webinar preparación traballo final 25 ao 31 de maio |
|
Defensa do traballo final (presencial) 21 e 22 de setembro |
