DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 7 de agosto de 2025 Páx. 42902

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 22 de xullo de 2025 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, pola paralización temporal da actividade marisqueira desde embarcación nos bancos de moluscos bivalvos en zonas de libre marisqueo e en zonas de autorización das confrarías de pescadores de Ferrol e Barallobre (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406A e PE406B).

BDNS (Identif.:): 850120.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/850120

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade marisqueira dende embarcación nos bancos de moluscos bivalvos en zonas de libre marisqueo e en zonas de autorización das confrarías de Ferrol e Barallobre, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras e persoas tripulantes dunha embarcación afectada pola paralización temporal da dita actividade marisqueira.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por finalidade compensar os efectos do período de veda espazo temporal establecida como medida técnica de conservación nos Plans de xestión conxuntos de moluscos bivalvos a pé, a pé con embarcación auxiliar e dende embarcación en zonas de libre marisqueo e en zonas de autorización das confrarías de pescadores de Ferrol e Barallobre.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 22 de xullo de 2025 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, pola paralización temporal da actividade marisqueira dende embarcación nos bancos de moluscos bivalvos en zonas de libre marisqueo e en zonas de autorización das confrarías de pescadores de Ferrol e Barallobre (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406A e PE406B).

Cuarto. Importe

Para o ano 2025 as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2025, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario é o seguinte:

– Aplicación orzamentaria: 16.02.723A.770.0.

– Código de proxecto 2024.00143, para paralización temporal da actividade Pesqueira.

– Importe total: 648.520,00 €, segundo as seguintes contías por liña de axuda:

PE406A, axudas pola paralización temporal da actividade marisqueira das embarcacións afectadas-persoas armadoras: 316.200,00 €.

PE406B, axudas pola paralización temporal da actividade marisqueira das embarcacións afectadas-persoas tripulantes: 332.320,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2025

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar