BDNS (Identif.:): 850128.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/850128
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas titulares de permisos de explotación para marisqueo a pé e permisos de explotación a pé con utilización dunha embarcación auxiliar de recursos marisqueiros xerais que participen nos seguintes plans de xestión aprobados para o período 2024-2026:
|
Código |
Plan de xestión |
Entidade |
Réxime |
Modalidade |
|
PE403A 2023/23-1 |
Plan de xestión marisqueira en zonas de libre marisqueo, a pé con embarcación auxiliar e con embarcación das C.P. Ferrol e C.P. Barallobre |
Ferrol e Barallobre |
Libre marisqueo |
A pé con embarcación auxiliar e embarcación |
|
PE403A 2023/35-1 |
Plan de xestión marisqueira en autorizacións a pé, a pé con embarcación auxiliar e con embarcación das C.P. Ferrol e C.P. Barallobre |
Ferrol e Barallobre |
Autorización |
A pé, a pé con embarcación auxiliar e embarcación |
|
PE403A 2023/20-1 |
Plan de xestión marisqueira en autorizacións a pé da C.P. Barallobre |
Barallobre |
Autorización |
A pé |
|
PE403A 2023/19-1 |
Plan de xestión marisqueira en zonas de libre marisqueo a pé da C.P. Barallobre |
Barallobre |
Libre marisqueo |
A pé |
|
PE403A 2023/28-1 |
Plan de xestión marisqueira en autorizacións a pé da C.P. Ferrol |
Ferrol |
Autorización |
A pé |
|
PE403A 2023/38-1 |
Plan de xestión marisqueira en autorizacións a pé da C.P. Mugardos |
Mugardos |
Autorización |
A pé |
Segundo. Finalidade
Esta orde ten como finalidade compensar coas axudas de paralización temporal para os efectos derivados de implantar a veda temporal, como medida técnica de conservación dos recursos, que supuxo a suspensión temporal da actividade marisqueira nos plans de xestión aprobados para o período 2024-2026 enumerados no artigo anterior.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 24 de xullo de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria para ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas mariscadoras a pé afectadas pola paralización temporal en determinados bancos marisqueiros de Galicia, cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 (código de procedemento PE113F).
Cuarto. Contía
As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.723A.770.0, proxecto contable 2024 00204, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
O importe máximo das axudas que se concedan no antedito exercicio orzamentario ascenderá a 350.000,00 euros.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2025
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
