DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 7 de agosto de 2025 Páx. 42943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 21 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente PO-2025/00210).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do arquivamento da solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia da resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A resolución do expediente relacionado atópase á disposición das persoas interesadas para que poidan consultala nas dependencias do Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.

Tal resolución no esgota a vía administrativa, polo que cabe formular contra ela recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme.

Pontevedra, 21 de xullo de 2025

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

PO-2025/00210

71532777V

PO-2025/00210

35610422M