De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo. A eficacia desta resolución queda supeditada á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As resolucións dos expedientes relacionados están a disposición das persoas interesadas para que poidan consultalas no Departamento Territorial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 9º andar, 36003 Pontevedra.
Tales resolucións non esgotan a vía administrativa, polo que cabe formular contra elas recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, as resolucións serán firmes.
Pontevedra, 21 de xullo de 2025
Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
|
PO-2013/00004 |
53611415W |
|
PO-2016/00264 |
76909537K |
|
PO-2022/00790 |
BA199905 |
|
PR B 926 |
60140774Y |
|
PR B 926 |
44486586D |
|
PR B 933 |
35487556M |
