DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 7 de agosto de 2025 Páx. 42941

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2025 pola que se modifica a Comisión de Avaliación do concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos funcionario na área de arquivos e bibliotecas, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1.

Mediante a Resolución da Xerencia, do 16 de xuño de 2025, convócase concurso específico de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal técnico, de xestión e de administración e servizos funcionario na área de arquivos e bibliotecas, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1, e noméase a Comisión de Avaliación.

Á vista da renuncia presentada por María Lourdes Pérez González, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 21 de abril de 2022 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios (DOG do 26 de abril),

RESOLVE:

Primeiro. Aceptar a renuncia de María Lourdes Pérez González como vogal da Comisión de Avaliación.

Segundo. Nomear a Elena Rey Sierra vogal da citada comisión de avaliación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2025

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución reitoral do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela