Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio infórmase a persoa afectada pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación LAT 66 kV SC Vilagarcía-Cambados entre os apoios 44 e 45 que figuran no cadro anexo.
A persoa interesada poderá solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberá achegar una copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 22 de xullo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/476-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Modificación LAT 66 kV SC Vilagarcía-Cambados entre os apoios 44 e 45.
Concello: Cambados.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
|
1 |
36006B501001650000WT |
Carmen Abal González |
12 de agosto de 2025 |
2025/54/313 |
