Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante este anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas que figuran no cadro anexo.
As persoas interesadas poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 22 de xullo de 2025
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2023/064-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTS BAL708, BAL702 e CS na estrada José Rivas.
Concello: Vigo.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
|
1 |
8214711NG1781S0001FS |
Descoñecido/a |
2025/54/312 |
|
2 |
54057A126002600000BL |
Descoñecido/a |
2025/54/314 |
|
3 |
54057A126002710000BX |
Descoñecido/a |
2025/54/315 |
|
4 |
54057A126002770000BU |
Descoñecido/a |
2025/54/316 |
|
5 |
54057A126002920000BL |
Descoñecido/a |
2025/54/317 |
